Saúdo, cotas de afiliación e idea da web da Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra

Saúdo. Quén somos. Afiliación.

Dende a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra queremos saudarvos e dar a coñecer nestas páxinas a nosa actividade.

Se queres saber algo máis de nos, acude ó Punto de Información Xuvenil Brigantium, visítanos nalgunha das actividades externas ou ponte en contacto con nos.

A Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra é unha entidade sen ánimo de lucro fundada en 1989.

Aínda que mantemos unha cantidade variada de actividades somos coñecidos pola organización de actividades Lúdicas, a xestión do Punto de Información Xuvenil Brigantium e a práctica do Béisbol (Panteras) e o Xadrez.

A Asociación está aberta a tódolos interesados nas actividades que realiza. Existen diferentes tipos de socios e cotas anuais:

Número: 18 €

Adherido ou simpatizante: 16 €

Aspirante: 12 €

Tódolos socios maiores de 14 e menores de 30 son tamén socios xuvenís.


Organización. Representante. Avisos da Directiva.

A Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra naceu en 1989 na cidade de Santiago de Compostela, creada como organización cultural e deportiva. A Xunta Directiva Xeral da entidade goberna os temas culturais e supervisa as actuacións de dúas xuntas directivas menores; a Xunta Directiva da Agrupación Deportiva e a Xunta Directiva da Sección Xuvenil.

O Representante legal da asociación é o presidente da xunta directiva xeral que posúe a capacidade de veto temporal sobre as decisións tomadas polas seccións. Este veto para que sexa firme ten que ser logo respaldado pola Asemblea Xeral. Dende a súa fundación o presidente é Ernesto Pérez.

A Xunta Directiva da Sociedade (asistencia aberta tamén os socios de número) reúnese cada catro meses e a Asemblea tamén nese periodo, intercalándose cada dous meses.


A orixe do espacio web. Qué se pretende. Autoría.

En 1997 o noso equipo de Béisbol "Panteras", que entón mantiña lazos co Centro Social Sagrada Familia, colocou o seu primeiro espacio en internet. Na mesma época empezou a utilizarse a conta de correo electrónico en hotmail.

Nas Xornadas Lúdicas Nadal 2000 fixemos unha web adicada en exclusiva e xa no 2001 naceu a páxina máis ou menos como está agora concebida. En novembro de 2002 rexistramos o dominio "palaestra.net" e un ano mais tarde "palaestra.org" (que no 2002 estaba ocupado).

O obxectivo buscado con esta páxina é simplemente dar a coñecer as actividades da nosa asociación, sen máis pretensións.

De entrada sabemos que polo funcionamento puntual de moitas actividades, o número de visitantes será moi irregular ó longo do ano, tal como pasou ata o de agora.

A actualización da páxina tamén variará por iso e de seguro que en temporadas so modificarase raramente e noutras cambiará cada día.

A elaboración da páxina web e o seu relanzamento dende a temporada 2002-2003 depende da sección cultural da Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra.

Estamos necesitados de xente que bote unha man, así que se queredes facer algo na páxina, non dubidedes en mandarnos un correo electrónico ou falar con nós. Por outra banda o foro o mantemos en común ca Asociación Galega de Axedrecistas - AGAX -, o que permite un foro moi activo.


Na rede dende o 9-XII-2001.