A Agrupación Deportiva da Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra.

A Agrupación Deportiva. O Béisbol. O Xadrez.

En 1990, un ano despois de ter legalizada a súa actividade a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra, aprobáronse os estatutos da sección deportiva.

Esta quedou organizada como unha agrupación deportiva dentro da sociedade con certa autonomía organizativa pero tamén deixando clara a dependencia total de Palaestra.

Naqueles primeiros estatutos queda recollido que o deporte principal será o béisbol xunto ás súas variantes de softball e stickball.

Co paso do tempo aparecerá tamén a sección de xadrez e na actualidade estamos a estudar novos proxectos.

A Sociedade foi a creadora da Federación Galega de Béisbol, a quen lle prestou cartos e infraestructura nos primeiros tempos. Cando se lle puso nome ó equipo colléronse as dúas primeiras letras e se deron varias opcións. Ó final foi "Panteras".

Aínda que moitos socios practicaban o xadrez o certo é que non foi ata 1995 que se decidiu organizar un equipo federado. Dende 2001 hai un convenio co CIDU, que fai que as dúas entidades xuntas teñan un nivel de actividade moi alto.

...máis ...máis
Os Colexios Outros deportes.

Dende 1999 a sección de xadrez uniu ós seus destinos á actividade no Colexio Cristo Rei - Maristas, mais tarde co Grande Obra co que levamos o xadrez. Dende 2001 tamén hai actividade de béisbol.

Aínda que moitas veces se pensa en facer máis seccións deportivas, o certo é que non se acaba de concretar. Na temporada 2002-2003 só parece posible engadir algunha actividade se chegamos a acordos con outros clubs.