Notas corporativas da Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra.

Logotipo xeral Logotipo de béisbol Simplificación béisbol

Dende o principio este é o logotipo da Sociedade, unha imaxe un tanto seria que inclúe nome e lema en latín. En 2000 engadiuse a lenda superior antes inexistente.

En vigor dende 1990. Foi co que nos fixeron os uniformes en Venezuela. Máis tarde coñecimos que era o antigo logotipo dun equipo de baloncesto profesional daquel país.

En 2001 escolleuse esta "p" para os logotipos pequenos do equipo de béisbol. Emprégase en camisas e gorras.

Xadrez Uniformidade Outros

Dende 1995 está en uso este logotipo que engade dous xogadores sobre o logotipo oficial da sociedade.

Estas foron as cores aprobadas nas primeiras xuntanzas deportivas. Nembargantes deuse certa libertade para abaratar costes. O "Panteras" xoga normalmente con pantalón negro e camiseta branca e negra.

Ademáis dun nome e un logotipo que daban certa seriedade escolleuse un lema "Ad discendum nos delectamus", alteración dunha frase cotián de latín e que ven sendo que para aprender nos divertimos.

O tipo de letra escollido é a Zurich, aínda que na web e en publicacións óptase pola Arial.

Como pode verse as cores corporativas son o negro e branco e en terceiro lugar o bermello.