Quen somos

 
       

O Club Ludo - Sociedade Deportiva é unha entidade sen ánimo de lucro creada por iniciativa dunha serie de asociacións e clubes con intención de coordinar as súas actividades.

A entidade foi fundada en 2002 e actuamos como rama deportiva da Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia (ASENCUDEGA), unha federación creada en 1990.

A profesionalización da actividade é un dos fins, pero a entidade é xestionada polos socios voluntarios.