Skip to main content

ASOCIACIÓN DE ENTIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS DE GALICIA

A alegría e o amor representan asas para os grandes feitos.

— Goethe

Agregador de novas

Aforismos de Leonardo

Club de lectura Brigantium - Xov, 14/12/2017 - 00:30
308.- Non debemos desexar o imposible.

Inicio de A BATALLA PERDIDA DE "MONSIEUR" MONET

Club de lectura Brigantium - Mar, 12/12/2017 - 00:30
MARIO VARGAS LLOSA
A BATALLA PERDIDA DE "MONSIEUR" MONET

A democratización da cultura está moi ben, pero non deixa de ter inconvenientes. Para ver hoxe unha gran exposición hai que esperar semanas ou meses, e, o día reservado, mollarse e xearse á intemperie nunha longuísima cola, e ver daquela os cadros á esculca do gran de millo, dando e recibindo cotenadas. Con todo, non vacilaría un segundo en pasar por todo iso para visitar de novo Monet no século XX, a exposición que exhibe a Royal Academy.

Unha boa mostra instrúenos sobre unha época, un pintor ou un tema, enriquécenos a visión dunha obra e, por unha ou dúas horas, arríncanos da vida cotiá, mergullándonos nun mundo aparte, de beleza e invención. Pero, algunhas raras exposicións, como esta, cóntannos ademais -con cadros, no canto de palabras- unha fermosísima historia.

Tres ingredientes son indispensables para que apareza un gran creador: oficio, ideas e cultura. Este tres compoñentes da tarefa creativa non teñen que equilibrarse, un pode prevalecer sobre os outros, pero se algún deles falla ese artista o é só a medias ou non chega a selo. O oficio apréndese, consiste nese aspecto técnico, artesanal, de que tamén está feita toda obra de arte, pero que, por si só, non basta para elevar unha obra á condición de artística.

Dominar o debuxo, a perspectiva, ter dominio da cor, é necesario, imprescindible, pero apenas un punto de partida. As `ideas', unha maneira máis realista de chamar á inspiración (palabra que ten resonancias místicas e oscurantistas), é o factor decisivo para facer do oficio o vehículo de expresión de algo persoal, unha invención que o artista engade coa súa obra ao xa existente. Nas `ideas' que achega reside a orixinalidade dun creador. Pero o que dá espesor, consistencia, durabilidad, á invención son achegados dun artista á cultura. É dicir, a maneira como a súa obra defínese respecto da tradición, renóvaa, enriquece, critica e modifica. A historia que Monet no século vinte cóntanos é a dun destro artesán ao que, xa nos limiares da vellez, un teimoso capricho converteu nun extraordinario creador.

...

MUNCYT

Club de lectura Brigantium - Dom, 10/12/2017 - 00:30
A sede coruñesa do MUNCYT, Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, está situada no edificio Prisma de Cristal . Este emblemático edificio, un cubo de vidro deseñado polos arquitectos Vitoria Acivro e Anxo Alonso, foi galardoado entre outros co Premio Nacional de Arquitectura Nova do 9ª Bienal de Arquitectura Española. O edificio foi construído pola Deputación Provincial e cedido para o seu uso como Museo Nacional.

O museo depende da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Ten outra sede en Alcobendas.

No museo expóñense diversas pezas da historia tecnolóxica de España e Galicia entre as que están algunha relacionada coa cidade da Coruña, como a anterior lanterna da Torre de Hércules que funcionou entre 1857 e 1904. Tamén se pode ver e visitar a cabina do avión que trouxo a España o Guernica de Picasso dende New York.

O Museo foi inaugurado o 4 de maio de 2012 se ben non abriu ao público ata o mes de xuño.

Mais fotos

Fragmento de Papaventos

Club de lectura Brigantium - Sáb, 09/12/2017 - 03:20
Papaventos é unha obra de Francisco Xavier Vázquez Álvarez, coñecido como Xavier Queipo, nado en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1957.

Cando conseguiu chegar á praia Clodio estaba derreado. Traía a Francis agarrado por baixo o sobaco e nadaba cunha man soa. Sorte que levara as aletas, que lle facilitaban o movemento na auga e que facían que as pernas tivesen unha propulsión maior. Cando tocou area, ancorando torpemente na praia como un mamífero mariño que perdera o rumbo, caeu de xeonllos e pediu axuda. Rose que levaba tempo coa auga ata os nocellos, esculcando o horizonte e cos ollos húmidos de bágoas e de medo, apresurouse a botarlle unha man a Clodio. Acudiron tamén tres ou catro bañistas que se achegaran ata alí por se podían axudar e para ver qué pasaba, por solidariedade, certamente, pero tamén por unha ansia morbosa, para saber quen era o afogado, para lle ver a face descomposta, para sentirse vivos observando a presencia da morte.
Cando o deron sacado do auga -fardo inanimado— xa non había, obxectivamente, nada que facer. Tiña a cara inchada, morada, cianótica, e o seu corazón, con certeza, deixara de latexar. Así e todo, nestes casos ninguén se resigna facilmente a non poñer o que estea da súa man para intentar unha solución, ben sexa polo recurso á oración, como xa ensaiaban algúns curiosos de máis idade, ben polo recurso ós manuais de salvamento e socorrismo, que algunha vez folleamos na consulta do médico ou na escola, no voluntariado da Cruz Vermella ou no comité de seguridade da empresa. 
...

Rocha Forte

Club de lectura Brigantium - Ven, 08/12/2017 - 00:30
O castelo da Rocha Forte foi o castelo medieval máis emblemático da mitra compostelá, entre o ano 1240 ao 1467, ano no que foi destruído ata os seus alicerces polos irmandiños. Nel tiveron lugar feitos moi sinalados da historia de Compostela.

A Rocha convertérase nun edificio odiado polos labregos da zona. Os soldado do arcebispo agrupados no destacamento da Rocha roubaban o gando, secuestraban labregos para esixirlles rescate e violaban mulleres. As denuncias quedaron rexistradas no Libro do Concello de Santiago e máis no Preito Tavera-Fonseca.

Por estes motivos in dos primeiros obxectivos da Irmandade en Compostela foi o Castelo da Rocha Forte, xa que simbolizaba máis que calquera fortificación o poder do arcebispado de Santiago e símbolo da opresión feudal, polo que foi atacado por gran cantidade de xentes (sobre 11.000 persoas, baseándonos de novo nas testemuñas do Preito Tabera-Fonseca) e derrubado.

Foi unha das primeiras fortalezas en seren derrubadas polas Irmandades durante a Gran Revolta Irmandiña e, ao contrario doutros moitos, nunca foi reconstruído. Grazas a que se atoparon restos de munición de catapulta no interior do recinto, sábese que os Irmandiños utilizaron este tipo de artillería.

Aforismos de Leonardo

Club de lectura Brigantium - Xov, 07/12/2017 - 00:30
307.- Oh, investigadores do movemento perpetuo, cantos vans proxectos fraguastes na súa procura! 

Ide en compañía dos inventores da fabricación do ouro.

Retomando unha idea

Club de lectura Brigantium - Mér, 06/12/2017 - 16:05
Hai algo mais dun ano iniciamos un proxecto que logo quedou parado: A pequena biblioteca do Centro Universitario de Riazor, en colaboración con INCUDE e outras entidades.
A partir de hoxe xa ten un espazo propio e retomamos a idea.
Como irán publicando unha entrada cada semana e algunha xa quedou publicada neste espazo, será a partir de febreiro que compartamos as entradas ao igual que facemos con outros apartados como xeiras e irmandiños.

Inicio do prologo de Canle 12

Club de lectura Brigantium - Mar, 05/12/2017 - 00:30
ADVENIMIENTO EN CANLE DOCE

C. M. KORNBLUTH
Redactado o 18 de xaneiro do 36 D.B.P.
Sínodo de Filtracións e Infiltracións

O pasado mes de novembro cumpriuse o cincuentenario do nacemento dun dos personaxes máis famosos dos Estados Unidos despois do Tío Sam: o rato Mickey.
Un rato en torno ao cal se montou o imperio económico máis potente dos Estados Unidos, só superado quizá pola Ford, a General Motors e algunha outra compañía máis. Esta celebración, que mereceu as máximas honras e a maior publicidade (Mickey foi o primeiro rato que penetrou na Casa Branca para ser recibido polo Presidente! ) pon de actualidade este cruel e burlón relato do gran coautor de Mercadores do Espazo... en cuxos protagonistas non fai falta dicir a quen pode identificarse.

Dolmen de Dombate

Club de lectura Brigantium - Sáb, 02/12/2017 - 01:53
O dolmen de Dombate é un monumento megalítico situado no lugar de Dombate na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), na comarca de Bergantiños. Construíuse na primeira metade do IV milenio a. C. e a cámara a finais dese mesmo milenio. Foi usado en diferentes épocas e evidenciouse un uso que vai dende o ano 3.800 a.C. ata o 2.700 a.C., momento no que se clausura o monumento. Este dolmen catalógase como unha tumba de corredor e é un dos conxuntos máis importantes de Galicia.
Segundo o experto Xosé María Bello Diéguez, a concentración de dolmens deste tipo na Costa da Morte puido deberse a que estaban relacionados coa riqueza cultural da zona, como na Idade Media estábano as catedrais
No século XIX o historiador Manuel Murguía xa escribe sobre o dolmen, e no ano 1885 o poeta Eduardo Pondal inmortalizouno nun poema en Queixumes dos pinos:

Pasado Vilaseco, lugar batido polo aire
no alto da costa de Uces de montesía canle;
pasado Vilaseco, indo pola Gandra adiante,
xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate.
—Eduardo Pondal (1885)

Baixo o túmulo coñecido existiu un megálito anterior no tempo, de menor tamaño e complexidade,.

Os ortóstatos da cámara conteñen gravados. Todas as lousas, tanto na cámara como no corredor, contan con pintura. Esta distribúese en dous rexistros horizontais separados por unha banda vermella de puntos vermellos e negros, sendo o conxunto unha composición na que prima a xeometricidade (zigzag, bandas verticais e oblicuas, ondulados, retículas etc.). A cor vermella obtíñase a partir de óxido de ferro e a negra a partir de carbón vexetal, posiblemente aplicados sobre unha imprimación branca a partir de algún tipo de graxa mesturada con caolín.

Tamén se atoparon unha fileira de ídolos, vinte en total, colocados fronte ao corredor e no límite do túmulo e un notable enxoval lítico e cerámico.

No 2008 deuse por perdido o dolmen antigo, o cal era considerado por expertos, como Bello Diéguez, como a característica principal deste dolmen e o que o facía especial e diferente a outros moitos do mundo.

No 2011 completouse a cuberta que protexe ó dolmen da intemperie. O Centro Arqueolóxico foi inaugurado en marzo do 2011. No ano 2012 instalouse unha réplica da cámara no Centro de Recepción de Visitantes, xa que o acceso á orixinal está prohibido para evitar unha maior deterioración do monumento, e contén tódolos detalles do mesmo.

Mais fotos

O estalido

Club de lectura Brigantium - Ven, 01/12/2017 - 01:39
Por que estala na primavera de 1467 a insurrección galega da xente común? Os de abaixo, din eles mesmos, "non podían resistir" os agravios e as violencias e os tributos dos señores das fortalezas; os de arriba, con evidencia, non podían seguir gobernando da mesma maneira que no pasado.

Hai que dicir que a anarquía nobiliar é anterior ao levantamento xeral dos vasallos contra os seus señores. Resulta incuestionable a incapacidade histórica da nobreza galega, a finais da Idade Media, para gobernar o reino e exercer o seu dominio social sen  unha violencia física desmesurada, respectando costumes  e leis, isto é, conservando o respecto dos seus vasallos, o apoio da Igrexa, e, sobre todo, a unidade da clase señorial galega e o amparo da monarquía castelá. A revolución irmandiña é a consecuencia do fracaso irreversible dunha clase dirixente.

Carlos Barros

Fragmento de A Memoria do Boi

Club de lectura Brigantium - Xov, 30/11/2017 - 03:08
Memoria do Boi foi escrita por Xosé Vázquez Pintor, nado en Melide o 30 de novembro de 1946.

Na rúa do Peso da Fariña houbo corte con casa de muiñeiro, e nunca ao revés, porque a corte era a meirande e capaz de dar cabida a catro burros pedreses da orella cansada, con presebe cara á postura do sol, e dous mulos altos para facer as viaxatas á terra do millo e do centeo. As aceas, que foron de maré noutrora, pertencían de familia a don Amor de La Fuente Domínguez, xa vellote, que gastou tres mulleres propias coas que non tivo fillos. No casino chamábanlle o eunuco, cousa que el non soportaba e facíase ver pola cidade con impresionante paquete na entreperna. Os envexosos da Violiña deron en correr a voz de que estaba crebado. Cousa desmentida polas sucesivas esposas, en lerias e discusións ao efecto:
-Máis vale ter ca desexar.
—Pois dime onde, logo.
-No seu sitio xusto.
...

Resultados do Torneo de Outono

CIDU - Mér, 29/11/2017 - 03:21
Clasificación do Torneo de Outono Idividual.

Absoluta

1 Pablo Leis,   1400  4 11.0 4 7.5 12.5
2 Pedro Tomé,   1580  4 11.0 4 6.0 10.5
3 Noé Pousada García,   1700  3.5 13.0 3 9.0 14.5
4 Sabela Iglesias,   1530  3.5 13.0 3 8.5 14.0
5 Isidoro García,   1500  3 8.5 2 7.5 13.0
6 Daniel Pousada Estévez,   1630  3 8.0 3 7.0 12.0
7 Adolfo Moscoso,     2.5 7.5 1 8.0 13.0
8 Vicente López Fraga,   1630  2.5 7.0 2 8.0 13.0
9 David Pérez,     2 9.0 1 10.5 17.0
10 Roberto Blandón,   1300  2 5.0 1 7.5 12.5
11 Manuel García,   1480  2 4.0 1 7.5 12.5
12 Diego Hernández,   1400  1.5 4.0 1 6.0 11.0
13 Sergio Pousada García,   1400  1.5 4.0 0 6.5 12.0

Sub14

1 Marcos Rial
2 Jacobo López
3 Alba García
4 Xosé Suárez

COMER COMO CÓENGOS

Club de lectura Brigantium - Mér, 29/11/2017 - 01:33
COMER COMO CÓENGOS
Manuel Vázquez Montalbán

De crer a Castroviejo e Cunqueiro, todos os galegos comen como cóengos ou como cocoengos, e iso, tampouco. Certo é que os mitos sobre a cociña galega non son mitos; son certidumbres, e ata o século XXI houbo que esperar para que unha cociñeira como Toñi Vicente constrúa poesía experimental a partir das importantes materias primas comestibles e galegas. Un dos mitos verificados da cociña galega é a marisquería, que pouco despois da Creación emigrou ás rías e cantiis de Galicia para propiciar a mellor cociña marisqueira posible. É cociña cocer marisco ou asalo? Si é cociña a empanadería de marisco, e de toda ela inclínome relixiosamente, como só me inclinaría ante un caneo de Kubala, un encollemento de ombreiros de Rita Hayworth ou un cruzamento de pernas de Sharon   Stone, pola empanada de berberechos, onde o millo e o berberecho conseguen a tan buscada unidade de destino no universal.
...

Inicio de Veredicto

Club de lectura Brigantium - Lun, 27/11/2017 - 01:32
VEREDICTO
Isaac Asimov

Era indubidable que Montie Stein, con fraudulenta astucia, roubara máis de cen mil dólares. Tamén era indubidable que o detiveran un día despois de expirar a lei de prescrición.

Pero o meollo do transcendental caso do Estado de New York contra Montgomery Harlow Stein, con todas as súas consecuencias, foi o modo en que Stein burlara o arresto durante ese período, xa que introduciu na cuarta dimensión a xurisprudencia.

O que fixo Stein, despois de cometer o desfalco e embolsarse os cen mil, foi meterse nunha máquina do tempo, da cal estaba en posesión ilícita, e programar os controis para sete anos e un día no futuro.
...

PERO LAROUCO

Club de lectura Brigantium - Dom, 26/11/2017 - 01:07
PERO LAROUCO

De vós, senhor, quer'eu dizer verdade
e non ja sobr'o amor que vos hei:
senhor, ben moor é vossa torpidade
de quantas outras eno mundo sei;
assí de fea come de maldade
non vos vence hoje senón filha dun rei.
Eu non vos amo nen me perderei,
u vos non vir, por vós de soidade.

E se eu vosco na casa sevesse
e visse vós e a vossa color;
se eu o mundo en poder tevesse,
non vos faría de todos senhor
nen doutra cousa onde sabor houvesse.
E dua ren seede sabedor:
que nunca foi filha d'emperador
que de beldade peor estevesse.

Todos vos dizen, senhor, con enveja,
que desamades eles e mí non.
Por Deus, vos rogo que esto non seja
nen façades cousa tan sen razón:
amade vós o que vos máis deseja,
e ben creede que eles todos son;
e se vos eu quero ben de coraçón,
leve-me Deus a terra u vos non veja.

Castelo de Pambre

Club de lectura Brigantium - Sáb, 25/11/2017 - 00:30
O castelo de Pambre é unha fortaleza situada na parroquia de Pambre (Palas de Rei).

O castelo é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé trala revolta irmandiña. Atópase en bo estado de conservación. A capela románica contida nas súas murallas é anterior á súa construción e foi durante séculos igrexa parroquial de Pambre baixo a advocación de San Pedro, patrón da parroquia de Pambre.

A súa sona aumentou tras a publicación no ano 1895 da novela O Castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro. Con anterioridade era coñecido como Fortaleza ou Torre de Pambre, e así aparece citada na cartografía e outra documentación dos séculos anteriores. Esta denominación aínda é habitual entre as xentes da Ulloa.

As lendas tradicionais din que a súa construción foi realizada polos mitolóxicos mouros nunha soa noite. A lenda devén do feito de ser construído de xeito apresurado por Gonzalo Ozores de Ulloa.

Durante anos, o lugar foi escenario das loitas entre Pedro O Cruel e Henrique II de Castela. Antes da súa construción tivo lugar á beira do río Pambre a batalla entre as tropas de Fernando Ruiz de Castro, partidario do asasinado en Montiel Pedro I e as tropas de Pedro Ruiz Sarmiento, Adiantado Maior de Henrique II. Derrotado De Castro, houbo de exiliarse a Portugal e posteriormente a Inglaterra, onde morreu.

Pero o Castelo foi construído a finais do século XIV por don Gonzalo Ozores de Ulloa, que pagara a súa lealdade ao bando do rei perdedor con varios anos de prisión. Tras ser liberado, tivo que loitar contra os Seixas que usurparan as súas terras, gañando nesas loitas as fortalezas de Curbián e San Paio de Narla. Cando xa se viu vencedor mandou construír este castelo, que máis tarde foi de novo escenario de loitas, as ocorridas entre a nobreza e o arcebispo de Santiago de Compostela, don Alonso III de Fonseca.

Foi un dos poucos castelos que non foron destruídos polos irmandiños, e salvouse grazas á astucia de Sancho Sánchez de Ulloa que tratou de falar cos sublevados nunha histórica reunión en Melide e que, ante as esixencias de que entregase o castelo, e temendo pola súa vida, decidiu fuxir, salvando a vida e o castelo, que foi respectado polos irmandiños.

A Xunta adquiriu o edificio que pasara por diferentes mans no 2011.

Á antiga Capela de San Pedro, posibelmente foi construída a finais do século XII en estilo románico, acaso erixida sobre de estruturas anteriores, habendo indicios dunha mámoa. Foi igrexa parroquial de San Pedro de Pambre e formou parte do patrimonio do Mosteiro de Samos. Nela Antonio López Ferreiro sitúa unha escena da súa novela O Castelo de Pambre. Orixinariamente de planta terrea, foi cuberta por lousame granítico, probabelmente a mediados da década de 1980, o que orixinou a intervención da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, prohibindo sucesivas intervencións privadas que puideran estragar oportunas investigacións arqueolóxicas (no subsolo da capela foi onde Manuel García Blanco descubrira a lápida do capitán Paio Varela e a súa dona Xoana).

Mais fotos.
Distribuir contido